Loading

Holy Motors, slowcore estoniano

  Holy Motors

  Sonar. Santiago

  Venres, 11 de xaneiro. 21:00

  10€ (anticipada) 12€ (taquilla)

Holy Motors é un filme engaiolante de Leos Carax que gañou o Festival de Sitges en 2012. E Holy Motors é, tamén, un quinteto estoniano do que a crítica fala marabillas. Fan slowcore e dream pop, e o seu último disco é Slow Sundown. Poderémolos ver esta fin de semana en Galicia, o venres dentro do ciclo Placeres Ocultos que organiza Desconcierto Cultural e o sábado na Sala Radar de Vigo. Ah! Tamén en modo sesión vermú no Ho Gruf de Lugo ese mesmo sábado ás 13:30. Desde Tallin para o mundo!

  Infórmate:

  Evento de Placeres Ocultos

  Crítica en Pitchfork

Reproduce:

Escoita: