Loading

Inspiración florentina de Marina

  Arcetri

  Miguel Marina

  Galería Nordés. Santiago

  De luns a venres, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

 Ata o 8 de febreiro

  Entrada de balde

Se hai unha galería de arte en Galicia que aposta, con valentía, pola vangarda contemporánea e polos novos talentos esa é Nordés. Nesta ocasión exhibe a obra de Miguel Marina nunha mostra titulada Arcetri, un lugar de Florencia que inspirou esta serie. Durante a súa estancia en Italia, estudando a paisaxe e a pintura, visitando espazos icónicos para a historia da arte, o artista foi alén das técnicas e modos de traballar coñecidos.

A obra que exhibe a galería é unha pegada do observado por Marina na capital da Toscana. Cunhas calidades moi próximas ao mural, a pesar de ter o papel como soporte, revisa con sensibilidade moderna a estrutura e as cores dos antigos mosaicos e frescos. O resultado, segundo Nordés, é “tan delicado e sutil que ameaza con resquebraxarse en calquera momento”. Algúns lugares emblemáticos de Florencia dan título ás pezas que compoñen a mostra.

  Infórmate:

  Web de Miguel Marina

  Entrevista a Miguel Marina en latamuda.com

  Mira: