Loading

O parque natural de Ramón Ais

  Parque Natural

  José Ramón Ais

  Galería Trinta. Santiago

  De luns a venres, de 12:30 a 14:30 e de 17:30 a 21:00

  Sábados, de 17:00 a 20:00

 Ata o 15 de febreiro

  Entrada de balde

A exposición Parque Natural exhibe doce fotografías do artista José Ramón Ais na Galería Trinta. As imaxes amosan “diferentes vistas dun parque natural ficticio”, segundo o artista. A súa forma de construir as escenas responde a idealizacións dunha paisaxe estereotipada: constructos cos que, afirma Ais, se estableceu “a nosa mirada sobre a natureza ao longo da historia”.

A metodoloxía empregada alude ao pictorialismo do século XIX, que incorporaba elementos propios da pintura á disciplina fotográfica. Aínda que, este estilo, vai un paso máis aló da fotografía academicista e trata de atopar a súa propia linguaxe.  Partindo destes procedementos, o artista expresa un paralelismo entre monumento e paisaxe do que resultan múltiples lecturas: “entremezclando la relación sensible con el entorno, la mirada personal, proyecciones históricas sobre el paisaje, lo sagrado, lo mitológico, lo político y la mirada analítica de la ciencia”. Expertos e interesados na historia da arte teñen en Trinta unha mostra que invita á reflexión.

  Infórmate:

  Web de Ramón Ais

  Nova en Neo2 sobre Parque Natural

  Mira: