Loading

Rock and roll clásico con Tarque

  Tarque

  Sala Capitol. Santiago

  Sábado, 12 de xaneiro. 21:15

  23€ (anticipada) 26€ (taquilla)

Pola portada do seu disco podería parecer que estamos a falar dunha banda de metal extremo, pero Carlos Tarque é o líder de M-Clan, que debuta cun álbum homónimo en solitario. Vai presentar os seus novos temas, na Sala Capitol, este sábado. Este traballo afonda no hard-rock con referencias a Led Zeppelin, AC/DC ou Jimi Hendrix, entre outras.

Con este disco visita moitos espazos recurrentes dentro da historia no rock and roll. Con cancións previsibles, sen pretensións, pero cun perfecto acabado. Conta coa produción impecable de Carlos Raya, guitarrista en M-Clan e un dos produtores de rock máis destacados en España. Na Capitol poderemos escoitar a estupenda voz de Tarque combinada cos riffs de guitarra inmediatos e pegadizos.

  Infórmate:

  Entrevista a Carlos Tarque

  Crítica do disco en Mondosonoro

  Reproduce:

  Escoita: