Loading
Celebración

Sarabela e a erótica do poder

  Celebración. A gran noite 

  Sarabela Teatro

  Pazo da Cultura. Narón

  Sábado, 12 de xaneiro. 20:00

  Información non dispoñible

A última obra de Sarabela Teatro, Celebración, chega este sábado a Narón, catro meses despois da súa estrea en Ourense, na casa desta mítica compañía teatral galega con catro décadas de experiencia nas costas. Celebración é unha sátira, escrita e protagonizada por Fernando Dacosta e dirixida por Dani Salgado. Xunto a Dacosta sobre o escenario, catro actrices: Nate Borrajo, Fina Calleja, Elena Seijo e Sabela Gago.

Son cinco personaxes con diversos problemas (laborais, económicos, sociais ou personais) que teñen unha cousa en común: a atracción pola erótica do poder. Cando se trata de asaltar o poder, deixan á marxe calquera tipo de moralidade que lles puidera quedar. Sarabela volver dar no cravo cunha interesante comedia, moi mordaz e actual.

  Infórmate:

  http://sarabelateatro.com/

  Nova sobre a estrea da Celebración en Faro de Vigo

  Reproduce: