Loading
Quartet of Woah

Stoner luso con Quartet of Woah

  The Quartet of Woah

  Venres, 11 de xaneiro. 22:00

  Café Cultural Auriense

  10€

  Sábado, 12 de xaneiro. 23:00

  SalaSon. Cangas

  10€ (anticipada) 12€ (taquilla) 

Portugal é un país cheo de bandas moi interesantes que, por desgraza, non gozan da proxección nin o recoñecemento que merecen, en comparación, por exemplo, co mercado anglosaxón. Unha boa proba son The Quartet of Woah, un cuarteto (coma ben reza o seu nome) de stoner e psicodelia nado en Lisboa en 2010, que actuará neste principio de ano en dúas salas galegas: o venres no Café Cultural Auriense, e o sábado na SalaSon de Cangas.

É certo que os lisboetas prometían co seu álbum debut Ultrabomb (2012) máis do que teñen ofrecido nos anos posteriores, e que a súa carreira semella un pouco estancada, sen embargo, o seu segue a ser un son moi solvente, que brilla sobre todo cando Rui Guerra consigue que o seu órgano nos lembre a Ray Manzarek.

  Infórmate:

  Bandcamp de The Quartet of Woah

  Crónica en portugués dun concerto da banda

Reproduce:

Escoita: