Loading
A Paixón de Xoana de Arco

Xoana de Arco abre o ciclo Dreyer

  A Paixón de Xoana de Arco

  Carl Theodor Dreyer

  Teatro Principal. Pontevedra

  Martes, 8 de xaneiro. 20:30 

  2€ (sesión) – 18€ (3 meses) – 60€ (un ano)

O Cineclube de Pontevedra dedicará este mes de xaneiro a un dos máis grandes directores da historia do cinema, o dinamarqués Carl Theodor Dreyer. A entidade pontevedresa vai proxectar catro filmes do cineasta, empezando este mesmo martes por A Paixón de Xoana de Arco. O día 15 será a quenda de Vampyr, o filme baseado no Carmilla de Le Fanu, obra seminal do xénero vampírico. O 22 será Dies Irae a película que se poida ver no Principal, unha historia sobre a caza de bruxas no século XVI. Pechará o ciclo a obra mestra de Dreyer: Ordet, o martes 29. Coa notable ausencia de Gertrud, as catro películas programadas supoñen a columna vertebral da filmografía dreyeriana.

A Paixón de Xoana de Arco é, por méritos propios, un dos filmes máis importantes do cine mudo mundial. Rodada xa nos albores do sonoro (1928), Dreyer é quen de expresar cunha cinta absolutamente silente (nin sequera ten música) máis que centos de miles de liñas de diálogo do audiovisual actual. Os primeiros planos do director dinamarqués son inesquecibles, en boa medida grazas á actuación da Xoana máis memorable da historia do cinema, a case descoñecida Renée Falconetti. Na película a Falconetti, entre outras cousas, cúrtanlle o pelo brutalmente, algo que o cineasta quixo facer na realidade, sen apenas avisar a actriz, para captar todo o dramatismo da escena.

  Infórmate:

  Noticia sobre o Ciclo de Dreyer en Pontevedra Viva

  Curiosidades de A Paixón de Xoana de Arco no blog de Filmin

  Reproduce:

  Mira: