Loading
Espía a una mujer que se mata

O Tío Vania segundo Veronese

  Espía a una mujer que se mata

  Producciones Teatrales Contemporáneas

  Teatro Principal. Ourense

  Sábado, 19 de xaneiro. 20:00 

  12€-20€ 

O Teatro Principal de Ourense acollerá este sábado en sesión única unha das mellores producións teatrais dos últimos anos a nivel estatal: Espía a una mujer que se mata, a adaptación do Tío Vania de Daniel Veronese. O dramaturgo arxentino é un dos mellores esexetas da obra chejoviana. Tras versionar Tres Irmás baixo o nome Un hombre que se ahoga, Veronese volve a reinterpretar a Chejov neste Espía a una mujer que se mata.

A escenografía redúcese á mínima expresión para deixar todo o espazo aos personaxes e aos seus conflitos. Eses personaxes do Tío Vania tan derrotados pola vida, aborrecidos polo fracaso, vítimas da cara máis crúa do existencialismo. Mención especial ao Vania que compón Ginés García Millán. Unha interpretación sobresaínte para unha obra de matrícula de honra

  Infórmate:

  Web de Producciones Teatrales Contemporáneas

  Reseña de Espía a una mujer que se mata en El Teatrero

  Reproduce:

  Mira: