Loading
Marina Herlop

Novos fonemas de Marina Herlop

  Marina Herlop

  Sábado, 19 de xaneiro. 20:30

  Vello Cárcere

  Entrada de balde ata completar aforo 

Excelente nova para a música en Galicia, e nomeadamente para a cidade de Lugo, o retorno do ciclo Liberdades Sonoras ao Vello Cárcere lugués neste primeiro trimestre de 2019. Polo de agora, están programados tres concertos no ciclo que organiza Work on Sunday, comezando este mesmo sábado coa actuación da inclasificable pianista e cantante catalá Marina Herlop.

Inclasificable, en primeiro, lugar porque non é habitual atopar unha cantante que se exprese con fonemas inventados, aqueles que ao seu oído lle resultan fermosos. Acompañando ese eco idomático un tanto élfico, está o seu piano, con resonancias evidentes do minimalismo. Despois de sorprender co seu debut, Nanook, editado polo selo Instrumental, de James Rhodes, Herlop confirmou as expectativas cun gran segundo álbum: Babasha (2018).

  Infórmate:

  Sitio web de Marina Herlop

  Entrevista coa artista en Mondosonoro

Reproduce:

Escoita: