Loading
Os nenúfares de Monet

Ciclo de arte e cinema en Numax

  Os Nenúfares de Monet

  Giovanni Troilo

  Numax. Santiago

  Luns, 14 de xaneiro. 17:30 

  Martes, 15 de xaneiro. 20:15 

  5,90€ 

Coa proxección de Os nenúfares de Monet este luns e martes, Numax comeza o ciclo Tempada de Arte, que estará composto por sete filmes documentais sobre grandes artistas da historia da arte e prolongarase ata o próximo mes de xullo. Ademais da película inaugural dedicada a Monet, no ciclo estarán presentes tamén Van Gogh (25 e 26 de febreiro), Degas (25 e 26 de marzo), Picasso (29 e 30 de abril), Da Vinci (6 e 7 de maio), Klimt e Schiele (3 e 4 de xuño), e Rembrandt (1 e 2 de xullo). Todos os filme son de alta calidade e están rodados en 8K ou 4K.  

A cinta inaugural, dirixida polo italiano Giovanni Troilo, proponnos unha viaxe polos escenarios principais da vida e a obra de Claude Monet, partindo, por suposto, do Giverny natal, e pasando por museos coma o de Orsay ou Orangerie. Troilo cóntanos no seu filme como Monet foi quen de superar unha depresión que o apartara temporalmente da pintura. O artista rexurdiu para pintar unha das súas obras maiores: a Grand Décoration. 

  Infórmate:

  Información sobre Tempada de Arte na web de Numax

  Reseña sobre Os nenúfares de Monet en Cineuropa.org

  Reproduce:

  Mira: