Loading
Tamar Aphek

Dobre cita coa israelí Tamar Aphek

  Tamar Aphek

  Domingo, 20 de xaneiro. 21:00

  Radar Estudios. Vigo

  6€ 

Unha das figuras máis activas da música israelí dos últimos anos, Tamar Aphek, ex membro de Shoshanna e, sobre todo, de Carusella, agora actuando baixo o seu nome propio acompañada polo batería David Gorensteyn e o baixista Or Dromi, actuará este domingo no Radar Estudios de Vigo, previo paso o venres (23:30) pola sala 7 Flores do Carballiño.

Aphek gañou relevancia nos últimos anos por poñer a banda sonora ao filme Unha semana e un día, do director Asaph Polonsky, que tivo unha excelente acollida en Cannes no 2016. Se o son que practicaba en Carusella era debedor do hard rock e de grupos como Black Sabbath, neste novo proxecto co que vén xirar a Galicia o son de Tamar achégase moito máis ao indie pop, o experimentalismo e o lo-fi. 

  Infórmate:

  Bandcamp de Tamar Aphek

  Páxina de Facebook da artista

Reproduce:

Escoita: