Loading
As extraordinarias aventuras de Mister West no país dos bolcheviques

Kuleshov, máis aló do seu efecto

  As extraordinarias aventuras de Mister West no país dos bolcheviques

  Lev Kuleshov

  Gentalha do Pichel. Santiago

  Mércores, 16 de xaneiro. 21:30 

  Aportación suxerida de 5€ 

O Cineclube de Compostela recupera un dos títulos máis importantes da filmografía do pioneiro do cinema soviético Lev Kuleshov. Unha figura un tanto esquecida salvo polo seu arquifamoso efecto, que amosou mellor que calquera explicación teórica a importancia da montaxe. A saber: Kuleshov xustapuxo un prato de sopa, un ataúde e unha suxerente muller cun único plano do actor Ivan Mozzukhin, que parecía reaccionar de forma diferente aos distintos contraplanos. O cineasta soviético demostraba así que era a montaxe, e non as partes, a que dotaba de significado ao conxunto.  

No filme que se proxectará o mércores na Gentalha do Pichel, cun quilométrico título máis propio de Tintín que do cinema ruso, As extraordinarias aventuras de Mister West no país dos bolcheviques, Kuleshov toma prestadas algunhas das fórmulas máis tolas do slapstick mudo hollywoodiense para denunciar os prexuízos que en América se espallaban sobre a Rusia soviética. Un filme máis curioso que brillante.

  Infórmate:

  Reseña sobre o filme en El testamento del Dr. Caligari

  Sitio web do Cineclube de Compostela

  Reproduce:

  Mira: