Loading
Leah Senior

Lirismo folk con Leah Senior

  Leah Senior

  Sala Radar. Vigo

  Venres, 18 de xaneiro. 21:00

  9€ anticipada, 12€ en taquilla

A australiana Leah Senior chega desde Melbourne co aval do seu selo discográfico, Flightless Records, o mesmo de King Gizzard & The Lizard Wizard, que a recomendan e describen as súas cancións como “terroríficas, alegres, tristes e emocionantes”. “Nada dá máis arrepíos que vela actuar”, advirte o grupo de rock psicodélico. Estará na sala Radar de Vigo o venres por tan só 9 euros, co seu segundo disco, Pretty Faces, e o seu delicado lirismo folk.

  Infórmate:

  Referencia en Mindies

  Crítica do seu último disco en The Fire Note

Reproduce:

Escoita: