Loading
Toundra

Toundra, no seu vórtice

  Toundra + El Altar del Holocausto

  Sala Capitol. Santiago

  Sábado, 19 de xaneiro. 21:30

  16€

Vortex é unha sala en Siegen, Alemania. E tamén é o último disco de Toundra, a banda de post rock estatal que acadou as maiores cotas de recoñecemento entre crítica e público nos últimos anos. E non é unha casualidade nin son pouco merecedores, ao noso xuizo. De feito, crearon escola.

O seu quinto álbum deixa a numeración dos anteriores (I, II, III, IV) para converterse nunha fermosa metáfora/homenaxe ao lugar no que tocaron por catro pesos e do que quedaron namorados. Nel, dende a intro e Cobra ata Cruce Oeste, pasando pola espectacular Mojave, todo soa perfectamente ordenado dentro do caos. Escoitalo é como atoparse de súpeto no remuíño do tornado. O grupo chegou, se e que non o fixera antes, a súa madurez. Ao vórtice de Toundra.

  Infórmate:

  Entrevista a Esteban Girón, guitarrista de Toundra, en El Salto

  Crítica de Vortex en Mondo Sonoro

Reproduce:

Escoita: