Loading

Clásicos do Lérez no Morrazo

  Mū + Cedezaoito

  Novo Labranza. Bueu

  Sábado, 26 de xaneiro. 22:00

  5€

Calquera que coñeza a escena pontevedresa dos últimos dez anos sabe de e sabe de Cedezaoito. Dúas bandas irmás, compostas ambas as dúas por dous integrantes, os primeiros son herdeiros de The Fingers e os segundos, de Tora! Tora! Tora!, cun estilo máis orientado ao noise e shoegaze. Agora, emprenden unha viaxe conxunta que, no caso de , supón a súa esperada volta ao directo.

“Tocaremos os sete temas que van conformar o noso primeiro traballo”, avanza Miguel Neira, guitarra e voz en , en conversa con Inorantes. Na súa nova andanza, xunto a Pipo Domínguez á batería, aprécianse influencias do post rock, “moito delay, distorsións, pasaxes instrumentais e épica”, segundo explica.

Con todo, tamén hai temas directos de tres minutos. Con influencias como The Appleseed Cast, Russian Circles ou Japandroids, polo de agora teñen confirmada a data conxunta con Santi e Álex en Bueu e na Sala Kominsky de Vigo o 9 de febreiro.  “Non sabemos se va a ser o noso ano, pero si o do noso debut. Tamén o da volta ao directo. Tiñamos moito ‘mono’ de tocar despois de tanto tempo parados”, destaca Neira.

  Infórmate:

  Inauguración do Liceo Mutante en 2011, con The Fingers e Unicornibot

  Biografía de Cedezaoito en La Fonoteca

Reproduce:

Escoita: