Loading

A espiral de Menchu Lamas

  Soñando na espiral

  Menchu Lamas

  Galería Luisa Pita. Santiago

  Luns e venres, de 17:00 a 21:00

  Martes a xoves, de 10:30 a 12:30 e de 17:00 a 21:00

 Ata o 8 de marzo

  Entrada de balde

Soñando na espiral é o título da mostra individual de Menchu Lamas para a galería Luisa Pita de Santiago. Ese tipo de liña é a que constitúe o leit motiv da exposición. Destaca, nesta escolma de trece obras, o poder que a artista lle concede á cor e, tamén, a importancia das formas simbólicas. Estas últimas, principalmente abstractas. Aínda que tamén hai elementos figurativos propios do universo da viguesa, como a presencia de mans nos seus lenzos. Detéctase un compoñente iconoclasta que rompe co concepto de espiral, formulado en ocasións como unha unión de liñas rectas. Todo o conxunto está expresado dende a personalidade dunha artista que xa é historia da plástica galega moderna.

Menchu Lamas é a pintora máis destacada do movemento Atlántica, que englobou a artistas galegos de vangarda desde 1980. A súa obra, con vencellamentos co neoexpresionismo xermano, a transvangarda italiana e, incluso, co graffiti caracterizouse por expresar con naturalidade as novidades da plástica occidental. E sempre desde unha óptica propia. A súa obra percorreu todo o mundo e figura en numerosos catálogos antolóxicos. O Museo Reina Sofía conta con pintura dela desde moi nova.

  Infórmate:

  Entrevista de Menchu Lamas

  Nova sobre o ingreso de Lamas na Academia Galega de Belas Artes

Reproduce:

  Mira: