Loading
O empapelado amarelo

Charlotte Perkins e o machismo

  O empapelado amarelo

  A Quinta do Cuadrante

  Cidade da Cultura. Santiago

  Xoves, 8 de febreiro. 19:00

  8€

Charlotte Perkins Gilman (1860-1935) foi unha intelectual norteamericana moi activa na defensa dos dereitos civís das mulleres. Tamén é a autora de O empapelado amarelo, un breve relato autobiográfico escrito, en 1892, logo dunha fonda depresión postparto. A compañía A Quinta do Cuadrante recupera ese texto e, baixo a dirección de Tito Asorey, desenvolve un monólogo protagonizado pola actriz Melania Cruz. Represéntase este xoves na Cidade da Cultura de Santiago.

A obra narra o tratamento que un médico lle diagnostica a Charlotte: cese da actividade intelectual, dieta hipercalórica e encerro no fogar. Partindo desta tráxica circunstancia, a autora describe, en clave de terror gótico, as penurias da muller sometida nunha sociedade machista. Sobre as táboas, Melania Cruz ten un reto absoluto como intérprete única desta peza que conta unha dura historia. Dura e necesaria. Así o expresan durante a representación: “Non pretendía facer tolear á xente, senón salvar á xente de tolear”.

  Infórmate:

  Tito Asorey e Melania Cruz falando no Zigzag de O empapelado amarelo

  Web de Melania Cruz

Reproduce: