Loading
A Candeloria

A derradeira Candeloria

  A Candeloria

  Pazo de Feiras e Congresos. Lugo

  Sábado, 16 de febreiro

26€ anticipada 

Di o refraneiro popular que cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra. Nova edición (e van seis) do Festival da Candeloria en Lugo, que este ano chora despois de que a organización anunciase que celebran a  súa derradeira edición. 

Cartel de luxo para poñer peche a sete anos de traballo por parte da organización. Así, o vindeiro 16 de febreiro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo despregarase o rap de Rebeliom do inframundo, o rap-quinqui de El Coleta e Jarfaiter, a fusión de Tremenda Jauría, a música combativa de Mafalda, unha boa dose de ska cos Dakidarría e do mítico Juantxo Skalari (cantante de Skalariak) e a súa Rude Band. Tamén estarán en Lugo clásicos de Galicia: Arrythimia, os incombustibles Ruxe-Ruxe e NAO (que tamén están de despedida). Pechan o cartaz El Último que Zierre e os Gatillazo de Evaristo para poñer punto e final a un festival querido en Galicia que se despide. O festival de inverno, mellor dito, o festival celebrado no medio do inverno.

  Infórmate:

  Nova en El Confidencial sobre o libro que vén de publicar Evaristo Páramos

  O último de Tremenda Jauría en Mondo Sonoro

Reproduce:

Escoita: