Loading
Corpo e Alma

Cinema húngaro no Cineclube

  Corpo e Alma (Teströl és lélekröl)

 Ildikó Enyedi

  Cineclube de Pontevedra 

  Martes, 12 de febreiro. 20:30 

  2€ (sesión) 18€ (3 meses) 60€ (un ano)

O Cineclube de Pontevedra programa para este martes o filme Corpo e Alma (Teströl és lélekröl, no seu título orixinal). Unha cinta que conta a historia de amor que xorde nun matadoiro de Budapest, dirixida pola húngara Ildikó Enyedi. Trátase dunha película que consegue crear un ambiente sensorial cargado de emocións dende a primeira escena. Na historia, pouco a pouco vemos como entre o director financieiro do matadoiro, Endre (interpretado polo actor Géza Morcsányi), e a nova traballadora, Maria (a quen dá vida Alexandra Borbély), comeza unha relación especial que ten moito que ver co mundo dos soños. 

Infórmate:

  Web do Cineclube de Pontevedra

  Corpo e Alma no Cineuropa

Reproduce:

Mira: