Loading
Escenas do Cambio

Vangarda da performance na CDC

  Escenas do Cambio 

  Vera Mantero, Ligia Lewis, Tino Sehgal, María Salgado & Fran MM Cabeza de Vaca e outros

  Cidade da Cultura. Santiago

  Venres e sábado, 8 e 9 de febreiro. 20:30

  12-26€ 

A quinta edición do Escenas do Cambio comezou a pasada semana coa presenza de Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel Medina, principais creadores da vangarda española. O festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura de Santiago continúa ata o sábado, 16 de febreiro, con propostas internacionais pero tamén da vangarda galega. 

Polo Escenas do Cambio pasarán Vera Mantero, Ligia Lewis, Tino Sehgal, María Salgado & Fran MM Cabeza de Vaca, François Chaignaud, Marco Berrettini e MOTUS. O festival busca trascender a escena máis tradicional e aposta por espectáculos que rachan coa cuarta parede. Destacamos a performance de Isidoro Valcárcel, Subida en tres actos, e a posterior conversa do artista con Juan de Nieves.

  Infórmate:

  Programa do festival Escenas do Cambio

  Sobre Subida en tres actos, de Isidoro Valcárcel Medina

Reproduce:

  Mira: