Loading
Albert Pla

Os medos de Albert Pla

  Albert Pla

  Teatro Rosalía de Castro. A Coruña

  Sábado, 16 de febreiro. 20:30

Desde 9€ anticipada 

Miedo é o título do último espectáculo do artista catalán, que a ninguén deixa indiferente. Especialmente necesarios cremos os discursos que escapan da confrontación permanente coma é o del. Sempre irreverente, lúcido e provocador, Albert Pla abunda en Miedo na utilización de música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas para crear un espectáculo multimedia de poética sorprendente. Sorpresa (para ben) tamén que nesta xira non se teña falado de vetos ou de sancións. Pla colleulle o gusto o musical como formato e temos moitas ganas de saber cal é o resultado desta vez.

  Infórmate:

  Crónica do espectáculo en Notodo

  Albert Pla: “Os curas terían que pasar controis de alcoholemia”

Reproduce:

Escoita: