Loading

Os vestixios de Loreto Martínez

  Vestiges d’un ici, vestixios de si

  Loreto Martínez

  CGAC. Santiago

  Martes a domingo, de 11:00 a 20:00

 Ata o 10 de xuño

  Entrada de balde

O CGAC de Santiago acolle a mostra Vestiges d’un ici, vestixios de si da artista viguesa Loreto Martínez Troncoso. A mostra está comisariada por Chus Martínez Domínguez e céntrase nas indagacións sobre a temporalidade das pezas e o “espazo intervido”, que neste caso é o museo. Con este punto de partida, preténdese expresar unha idea de “necesidade de construir, alterar, cambiar e cuestionar a lóxica da nosa percepción diaria”. Para elo, explora os códigos da oralidade, da xestualidade e da escritura. Por estes motivos, a exposición afástase do concepto de retrospectiva: a mostra apela á relectura e cuestionamento da obra “no marco da complexa construción dun tempo presente”. Ademáis, o 27 de abril estrearase a ópera Euphoria, que foi escrita en colaboración co compositor Ramón Souto para esta exposición. A parte colaborativa tamén inclúe unha instalación de Elena Narbutaite.

Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978) estudou Belas Artes na universidade de Vigo e no ano 1999 e continuou a súa formación nas facultades de Burdeos e Lyon. Logo foi becada por diferentes cidades de Europa como Budapest, San Sebastián, París, Hendaya, León e Porto. A súa obra xa pasou pola Fundaçao Serralves (Porto), polo Centro Georges Pompidou (París) e, en varias ocasións, polo MARCO da súa cidade natal. As súas obras, nas que o proceso ten unha grande importancia, baséanse na construción de situacións e narracións a partir da linguaxe e dos silencios. Esta exposición inscríbese no programa anual de revisión de artistas galegos de media carreira, que leva a cabo o CGAC.

  Infórmate:

  Nova sobre a performance de Loreto Martínez con adolescentes

  Performance no MUSAC

Reproduce:

 

  Mira: