
Hits de Echo & the Bunnymen
Echo & the Bunnymen
Sala Pelícano. A Coruña
Sábado, 16 de febreiro. 23:00
25€
A histórica banda inglesa de new wave e post-punk Echo & the Bunnymen actúan na sala Pelícano da Coruña. Están a presentar o álbum The Stars, The Ocean & The Moon, unha revisión dos temas máis destacados do seu cancioneiro. O novo disco é irregular. En moitos temas os arreglos fan que as composicións soen moi similares ás orixinais e, polo medio, inclúen algúns temas novos. Esta mestura desemboca nunha experiencia algo confusa para o oínte. Contrariamente, as cancións que se toman máis liberdades resultan máis interesantes: aí temos Nothing Last Forever ou The Killing Moon para confirmalo.
Echo & the Bunnymen son unha banda xurdida, a finais dos setenta, das réplicas do terremoto punk. Ian McCulloch é o frontman fanfarrón e carismático dun proxecto que deu mostras de enorme calidade no primeiro lustro dos oitenta. Discos fantásticos como Heaven Up Here ou Ocean Rain foron aclamados pola crítica. E mesma valoración tiveron sinxelos como The Cutter ou Bring On the Dancing Horses. Logo dun período de descanso, a finais da década, ninguén esperaba bo material do seu regreso. Sen embargo, esa nova etapa conta con discos de tanta calidade como What Are You Going to Do With Your Life ou Meteorites. Se McCulloch e o resto do grupo queren, hai repertorio para un magnífico espectáculo. O sábado sairemos de dúbidas.
Infórmate:
Entrevista a Ian McCulloch en El País
Reseña de The Stars, The Ocean & The Moon en Mondosonoro
Reproduce:
Escoita: