Loading

Homeless, de Ángela de la Cruz

  Homeless

  Ángela de la Cruz

  CGAC. Santiago

  Martes a domingo, de 11:00 a 20:00

 Ata o 19 de maio

  Entrada de balde

O CGAC de Santiago vén de abrir a mostra Homeless da artista coruñesa Ángela de la Cruz. A exposición está comisariada por Carolina Grau e esta é a súa primeira itinerancia logo do paso polo Azkuna Zentroa de Bilbao, que coproduce a mostra. Esta ofrece unha retrospectiva das obras feitas pola artista entre os anos 1996 e 2018 e, ademáis, establece conexións entre os distintos traballos exhibidos. O título da exposición provén dunha obra dos anos noventa que foi das primeiras nas que fracturou o bastidor (algo típico da súa arte) e invadiu o espazo expositivo. Un xeito de dislocar os límites tradicionais entre artes: pintura, escultura e arquitectura. Tamén alude ás persoas sen fogar que proliferan nun mundo global e que “levan ao lombo as súas pertenzas e recordos”, segundo a comisaria. Nos últimos anos, a súa linguaxe amplíase coa utilización de novos materiais, como o aluminio. O sentido do humor tamén é característico da artista. A el recurre para amosar unhas pezas de gran tensión formal e cunha fonda presenza emocional. Os inorantes, con esta pintura reducida aos seus compoñentes básicos, non podemos olvidarnos da referencia directa, ou indirecta, ao espacialismo e, sobre todo, ao grupo Supports Surfaces: reduccionistas formais onde a obra limítase á deconstrución dos elementos esenciais do cadro. É dicir, o bastidor e a superficie.

Ángela de la Cruz (A Coruña, 1965) é, actualmente, a artista galega máis internacional e influínte. Con doble nacionalidade, española e británica, foi nomeada ao prestixioso Premio Turner no 2010. Este galardón anual concédese a un artista británico menor de 50 anos. No ano 2017 gañou o Premio Nacional de Artes Plásticas. A súa particular obra, baseada na rotura ou distorsión planificada dos seus traballos, provén da súa etapa de estudiante en Londres: retirou o bastidor dun lenzo pintado e o resultado deformado foi a súa inspiración.

  Infórmate:

Entrevista a Ángela de la Cruz

  Ángela de la Cruz en Metrópolis

Reproduce:

 

  Mira: