Loading

Willie & Winnie, raíz americana

  Willie & Winnie

  Sala Riquela. Santiago

  Xoves, 21 de febreiro. 21:00

  De balde

Willie & Winnie, o dúo composto por Elise Denise (voz) e Andy Bill (guitarra), actúa na sala Riquela de Santiago. Amosará un dos mellores sons de blues e americana que se poden escoitar en Galicia. Janis Joplin, Mark Lanegan ou Samuel Beckett están entre o seus referentes. Contan cunha produción limpa, sinxela e pulida. Entre o mellor do seu repertorio, temas como Dry Leaves ou We fall down. A contracorrente e tirando da tradición, mentres o ollo da mercadotecnia está posto na “música urbana”, escalan un chanzo máis con cada concerto que ofrecen. Anteriormente coñecidos como Kozmic Blues, decidiron cambiar o seu nome por unha cuestión de personalidade. A xente chegou a preguntarlles se eran unha banda de versións de Janis Joplin.

Contra a visceralidade actual, ambos conectan, salvando as distancias, co espírito intelectual de artistas como Simon & Garfunkel. Están cheos de referencias que van das artes plásticas ao cinema, e do teatro á filosofía. Algo que lonxe de ser irritante (por pedante), resulta enriquecedor para a súa música. Esa multitude de influencias saen á luz nas súas cancións e nos seus directos. Entre concerto e concerto continúan a preparar o seu terceiro disco, do que xa teñen os temas compostos. O xoves poderemos ver cómo funciona a súa mestura de estilos clásicos (jazz, blues, folk…) no Riquela.

*Foto de Miguel Vidal.

Infórmate:

  Willie & Winnie en Colectivo de Raro Propósito

  Entrevista a Willie & Winnie no Diario de Ferrol

Reproduce:

Escoita: