Loading

Andrea V. Wright e a antiforma

  Nada dura / Nothing Lasts

  Andrea V. Wright

  Galería Nordés. Santiago

  Luns , de 17:00 a 21:00

  De martes a venres, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

 Ata o 5 de abril

  Entrada de balde

A Galería Nordés exhibe a mostra Nada dura/Nothing Lasts da artista británica Andrea V. Wright. Na exposición establécese un diálogo entre materiais estables e temporais. Os  conceptos clave que sustentan o discurso, segundo a organización, son “estrutura, superficie e equilibrio”. A arte de Wright parece establecer unha ponte entre o minimalismo e a contestación a esta arte a finais dos sesenta, como se dun Robert Morris contemporáneo se tratase. Igual que o norteamericano, parece acotar o concepto de antiforma, que para Morris supuxo a fin da arte como representación. De feito, esa reflexión sobre a durabilidade á que alude o título parece falar da arte como algo carente dun produto acabado. Unha exposición esixente, que non deixará indiferente a quen se achegue a ela con tempo e con intención de comprendela. Aposta afouta da galerista Chus Villar.

Artista multidisciplinar licenciada polo Chelsea College en 1994, Andrea V. Wright, comezou a súa carreira profesional na moda, no deseño e na música. Traballou para revistas como The Face, Arena ou Italian Vogue. Retomaría a práctica artística no ano 2010 e acadou unha gran proxección desde 2016, amosando o seu traballo en Inglaterra e noutros países europeos.

  Infórmate:

Web de Andrea V Wright

  Entrevista a Andrea V Wright (en inglés)

  Mira: