Loading
Festival Atlántica

Arrinca o sétimo Festival Atlántica

  Festival Atlántica

  Varios artistas

  Varias sedes de Santiago, Ferrol, Lalín, A Fonsagrada, Viveiro, Lugo, Monforte, Guitiriz (ata 16 concellos)

  Do 12 ao 23 de marzo. Varias horas

  Diversos prezos: dende entrada de balde a 14€

O mércores 13 de marzo celebrarase no Teatro Principal de Santiago a gala inaugural da sétima edición do Festival Atlántica de Narración Oral. Un evento que se centra na divulgación e fomento da tradición de contadores e contadoras de historias. O espectáculo inaugural leva por nome LEILIATLANTICA e está protagonizado polo coñecido sexteto folk feminino santiagués, Leilía, e dirixido por Quico Cadaval. Ademais, participan neste show María da Pontragha, Celso F. Sanmartín, José Luis Gutiérrez ‘Guti’, e Sole Felloza.

Será o pistoletazo de saída (oficial, porque en realidade dende o martes xa habera actuacións) para un festival que este ano chega a 16 concellos e programa máis de 80 actuacións por parte de 30 narradores. Ademais dos xa mencionados, destacan o catalán Pep Bruno, o xaponés afincado en Barcelona Yoshi Hioki, a portuguesa Sofía Maul, ou as galegas Vero Rilo, Raquel Queizás ou Ángeles Goás, entre outras.

  Infórmate:

 Web oficial do Festival Atlántica

Nova da presentación do festival en Galicia Press

  Reproduce:

  Mira: