Loading

O Fulgor de Budiño na Capitol

  Budiño

  Sala Capitol. Santiago

  Venres, 15 de marzo. 21:00

  14€

Xosé Manuel Budiño volve cantar, deulle protagonismo ás letras e a súa voz fronte ás gaitas e frautas, que seguen presentes neste Fulgor que agora presenta na sala Capitol de Santiago. A cita é o venres e cunha banda de excepción: Budiño (voz, frauta, piano e guitarra) vai estar acompañado por Brais Morán (guitarra e coros), Alex Salgueiro (wurlitzer e sinte), Fran Sanz (baixo) e Ton Risco (batería).

Despois de seis anos de silencio, Budiño publicou o pasado mes de xaneiro Fulgor, con dez novas cancións nas que se inclúen colaboracións cos músicos Xoel López e Vega e coa poeta Antía Otero, así como con outros músicos como Cuarteto Quiroga, gañadores do Premio Nacional de Música.  

Infórmate:

  Nova da presentación de Fulgor en La Voz de Galicia

  Entrevista a Budiño no Sermos Galiza

Reproduce:

Escoita: