Loading

Seminario sobre Agnès Varda

  Agnès Varda: unha vida en imaxes

  Bárbara Santos

  Gentalha do Pichel. Santiago

  Venres, 15 de marzo. 18:00

Entrada de balde | Bono-axuda: 1€ 

O Cineclube de Compostela ofrece o seminario Agnès Varda: unha vida en imaxes, adicado a esa creadora audiovisual francesa. Está impartido por Bárbara Santos, doutora en Historia da Arte. Enmárcase dentro das xornadas A outra mirada: cinema e muller, que vai pola súa terceira edición e a súa programación está composta por filmes de directoras clave da historia do cinema. Desde o cineclube indican que están, “organizadas por alumnas e exalumnas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, teñen como obxectivo visibilizar a obra de mulleres cineastas a través da proxección das súas obras e outras actividades paralelas.

Agnès Varda é unha artista pioneira dentro do cinema feminista. Ademáis da sétima arte, tanto en ficción como no terreo dos documentais, adicou moito tempo á fotografía e a video-instalación. En todos os casos o nexo estilístico é a súa inclinación social e cara a realidade máis inmediata. É un dos nomes máis destacados da Nouvelle Vague con filmes esenciais, como Cléo de 5 à 7. Nos anos 70 as súas películas reivindicaron a igualdade da muller, destacando o fantástico musical L’une chante, l’autre pas. Nos anos oitenta con Sans toit ni loi iniciou o realismo social contemporáneo que evolucionaría cara un documental subxectivo extraordinario, como nas dúas partes de Les glaneurs et la glaneuse. Evento imprescindible para coñecer, ou afondar, na obra dunha das mellores directoras de todos os tempos.

  Infórmate:

Reportaxe sobre a directora en eldiario.es

  Nova sobre a retirada da directora en El País

  Mira: