Loading

Sés cántalle á Rabia ao silencio

  Sés

  Teatro Rosalía de Castro. A Coruña

  Venres, 15 de marzo. 20:30

  10-18€

Rabia ao silencio é o novo traballo de María Xosé Silvar, Sés. Trátase dunha escolma de cancións populares que antes interpretaron artistas como Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes Sosa ou Zeca Afonso, adaptadas ao galego e interpretadas por Sés. A cantautora ten preparados concertos de presentación por toda Galicia, na Coruña será este venres no Teatro Rosalía de Castro ás 20:30 horas.

Atahualpa Yupanqui, músico e cantautor arxentino, cantaba que lle tiña rabia ao silencio por todo o que perdera. Daquela canción vén o título do álbum da galega. En formato acústico, dun xeito moi íntimo, Sés canta temas de artistas da Arxentina, de Cuba, Brasil… para achegar toda aquela sabedoría popular á Galicia de hoxe.  

Infórmate:

  Máis información do disco Rabia ao silencio

  Entrevista a Sés en Praza Pública

Reproduce:

Escoita: