Loading

Primeira individual de Mery Pais

  Mery Pais. Máis alá do estereotipo

  Igrexa da Universidade. Santiago

  De luns a venres, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:30

  Sábados, de 18:00 a 20:30

Inauguración: Xoves, 28 de marzo. 20:30

 Ata o 26 de abril. 

  Entrada de balde

A artista compostelá Mery Pais debuta en solitario coa mostra individual Máis alá do estereotipo. A exposición, que acolle a Igrexa da Universidade de Santiago, está comisariada por Iñigo Rodríguez e inaugúrase este xoves ás 20:30 horas. Nela inclúense os últimos traballos realizados no Instituto de Belas Artes de Tetuán e os proxectos máis recentes deste 2019. Pais ofrece un discurso identitario onde contrasta a visión de Europa coa do norte de África. Faino “desde a autorreferencia, cunha marcada visión de xénero e amosándose sempre reflexiva e crítica”, segundo a organización. Afonda no choque cultural de dúas realidades que están separadas por unha canle de auga de apenas dezasete quilómetros.

Máis alá do estereotipo é unha proposta ecléctica que combina cerámica, neóns, fotografía, video-instalacións e montaxes sonoras. Ademáis toda esta arte contemporánea pretende dialogar co continente barroco no que se inserta e interpela ao espectador. Solicita que se mergulle nas pezas. Que empatice e divague, para extraer conclusións. Pais toma posicións analizando a particularidade musulmá e, partindo dela, aborda problemas universais. Aliñada, pois, xunto a Mona Hatoum, Fátima Mernissi ou Shirin Neshat. Sempre é motivo de alegría o despegue dunha nova artista galega.

  Infórmate:

 Páxina web da artista

 Entrevista a Mery Pais en Zigzag

Mira: