Loading

Jorge Cabezas is back!

Jorge Cabezas is back!

  Fundación Luis Seoane. A Coruña

  De martes a domingo, de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00

 Ata o 30 de xuño. 

  Entrada de balde

Jorge Cabezas está de volta e vén cunha nova exposición. A Fundación Luis Seoane da Coruña exhibe cincuenta e tres obras do artista. A mostra titúlase Jorge Cabezas is back! e parece facer referencia ao seu regreso logo dunha seria doenza. Segundo a organización, cólganse acrílicos, óleos, debuxos e collages das diferentes etapas do pintor. A montaxe ten a particularidade de que todas as obras están dispostas nunha mesma parede, de 23 x 4,5 metros, o cal lle confire ao conxunto o aspecto de peza única. Como se fose un mural. Está inspirado na última exposición que fixo Pablo Picasso, en 1970, na que o malagueño presenta as obras “a parede chea” en recordo da súa primeira visita ao Museo do Prado.

Ademáis, nesta mostra exhíbense por primeira vez as libretas de traballo do artista coruñés. O percorrido complétase cunha instalación de un cine, con tellado a dúas augas, que é recorrente na obra do pintor, afirman os organizadores. Alí proxéctase un documental sobre o artista dirixido por Antón Reixa e Antonio Segade. Como complemento, editouse un libro onde colaboran Antón Patiño, Julián Hernández, Yolanda Castaño, Xoel López ou Lucía Aldao.

  Infórmate:

  Entrevista a Jorge Cabezas

  A obra de Jorge Cabezas en Afundación

  Reproduce: