Loading
Neorretranca e Posmorriña

Neorretranca+Posmorriña no CDG

  Neorretranca e Posmorriña

  Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte

  Salón Teatro. Santiago 

  Xoves, 11 de abril. 21:00

  Venres e sábado, 12-13 de abril. 20:30

  Domingo, 14 de abril. 18:00

  5€

Neorretranca e posmorriña é a nova montaxe do Centro Dramático Galego (CDG). A partir da Fantasía nº 5 en sol ou non e de Boisaca ou a divina desgraza, naceu esta obra que forma un crebacabezas no que as pezas non encaixan. Pero é que tampouco o prenteden os seus autores, os dramaturgos Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte. Este proxecto, dirixido por Gena Baamonde, xurdiu da iniciativa DramaturXa, un grupo de escrita teatral urxente que contou co asesoramento de Manuel Lourenzo.

Sobre o escenario, todo mulleres. Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde. A estrea é este xoves día 11 ás 21:00 horas no Salón Teatro de Compostela, onde seguirá até o día 5 de maio con funcións ás 20:30 xoves, venres e sábado, e ás 18:00 os domingos.

  Infórmate:

  Toda a información da obra e as súas representacións na web do CDG

  Nova sobre a obra en Galicia 24 horas

  Reproduce:

  Mira: