Loading

Brais Rodríguez, alén do cómic

  Brais Rodríguez. Verticais

  Zona C. Santiago

  De martes a domingo, de 16:00 a 20:00

 Ata o 26 de maio. 

  Entrada de balde

Brais Rodríguez exhibe a súa intervención Verticais na Zona C de Santiago. Trátase do traballo que este creador desenvolve logo de obter un áccesit no Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas. A instalación é un conxunto modular de debuxos ordeado de modo secuencial. A sensación que obtén o espectador é moi similar, a priori, á que podería sentir co op-art de artistas como Victor Vasarely ou Yaacov Agam. Todos os módulos teñen a mesma medida, pero a gramaxe é variable. A técnica é o lápis ou a tinta chinesa. As liñas trazadas, tanto en grosor como en separación, varían considerablemente. Nesta seriación é imposible non pensar no vencello íntimo que ten o artista co mundo da banda deseñada. Un dos aspectos máis interesantes a ter en conta é a interactividade. Ou como din os organizadores “valorar outras posibilidades e modificar a orde dos módulos a partir das copias que se ofrecen no espazo da instalación”. 

Brais Rodríguez naceu en Brión en 1980. Estudou Belas Artes en Pontevedra  onde se licenciou pola especialidade de pintura. Alí coincidiu con outros creadores interesados na banda deseñada como Alberto Vázquez, Jano ou Bernal Prieto. Xunto a eles, e con outros debuxantes galegos, comezou a traballar en fanzines e na revista Polaqia. Participou en mostras como a Arte no Cómic, onde comparte sala con grandes nomes da banda deseñada internacional. Participou no Salón Internacional de La Historieta de Bos Aires e en festivais de autoedición como Graf, Gutter ou Elcaf. Tamén foi Premio Castelao na súa disciplina. Entre as súas obras, conta con traballos tan laureados como La mano del diablo

  Infórmate:

  El cómic en RTVE fala de La mano del diablo

 Blog do artista