Loading

A experimentación de Tashi Wada

  Tashi Wada Group feat. Julia Holter & Corey Fogel

  Auditorio Municipal. Vigo

  Domingo, 14 de abril. 21:00

  10€ 

O músico de vangarda Tashi Wada actúa este domingo no Auditorio Municipal de Vigo. Virá acompañado da multiinstrumentista Julia Holter e do percusionista Corey Fogel. Este concerto é o máis destacado dentro da programación do ciclo Sinsal Primavera. Por moito que o gran reclamo sexa a participación de Julia Holter no evento, o que van ofrecer na cidade olívica está moi afastado, a nivel estilístico, do que fai a californiana. Este trío é pura experimentación e veñen demostralo co seu traballo máis recente: o álbum Nue. Está influído polo canto devocional (como os mantras), a música de raíz, o minimalismo e a análise científica da percepción do son.

Ademáis, neste disco colabora o pai do músico, Yoshi Wada. Ten participado nalgún directo pero é a primeira vez que intervén nunhas gravacións de estudio. Yoshi, ademáis de ser o propietario da compañía na que publica o seu fillo, é un artista e músico de instalacións e son. Formou parte do movemento Fluxus ao que se uníu no ano 1968, logo de coñecer a George Maciunas, figura aglutinadora desa corrente. Este movemento rexeitaba a obra de arte como mercancía e autoproclamábase como defensor da acción artística sociolóxica. Resulta axeitado mirar as nosas costas desde un presente desapiadado onde o impacto económico, a marca e o logo son antepostos, na maioría dos casos, á creatividade. Talvez debamos renovar o Fluxus. Polo menos, durante hora e media. En Vigo.

  Infórmate:

  Entrevista a Tashi Wada (en inglés)

  Twitter de Tashi Wada

  Reproduce:

  Escoita: