Loading

Retrospectiva de Alfonso Abelenda

  Yo, Abelenda

  Sede Afundación. A Coruña

  De luns a venres, de 17:00 a 21:00

  Sábados e festivos, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

Inauguración: xoves, 11 de abril. 20:00 (aforo completo)

 Ata o 8 de xuño. 

  Entrada de balde

Co título de Yo, Abelenda a Sede Afundación da Coruña acolle unha mostra retrospectiva do artista herculino Alfonso Abelenda, recentemente falecido. Está comisariada por Valle García e conta con 117 pezas que amosan o carácter interdisciplinar deste creador. Sinalan, desde a organización, que é unha figura “nada fácil de describir”. O certo é que a súa inxente obra ten moitas arestas. Tantas como a súa vida. Xogou ao rugby e foi campión de España de 110 metros vallas. Estudou arquitectura e amosou interese polas ciencias exactas. Foi lexionario en Marrocos e tertuliano no café Gijón… a súa vida é o mellor caldo de cultivo para o humor irónico que desprenden os seus traballos.

Nesta exposición faise un percorrido, dividido en nove seccións, polas diferentes facetas que caracterizaron a obra de Alfonso Abelenda. Magnífico debuxante, aténdese á súa faceta de ilustrador e cómico, cos seus traballos en diferentes publicacións destacando, especialmente, La Codorniz. Outra sección titúlase El Prado, porque o coruñés tiña especial cariño polos seus fondos. Moitas das figuras de Velázquez, Goya ou Zurbarán entraron a formar parte do universo abelendiano. Retratos, bodegóns, tauromaquias e paisaxes son outros dos temas nos que afonda a mostra. Da súa pintura destaca o estoupido de cor e a súa capacidade para casar estilos clásicos (especialmente o barroco) co cubismo. A temática sempre mira aos tropos da historia da arte cunha óptica retranqueira. 

  Infórmate:

Entrevista a Alfonso Abelenda

  Obras do artista na colección Abanca

  Reproduce: