Loading
Dorian Wood

Dorian Wood celebra a Chavela

  Dorian Wood

  Auditorio do Concello. Vigo

  Xoves, 18 de abril. 21:00

  10€ 

En 2019 celébranse os 100 anos do nacemento da cantante mexicana-costarricense Chavela Vargas. Para o artista Dorian Wood, o camiño a Chavela foi tanto un Santo Grial como unha viaxe de autoreflexión, segundo explica o Sinsal, promotor deste concerto. Baixo o título Xavela Lux Aeterna, o evento é, segundo avanzan os organizadores, “metade homenaxe, metade diálogo entre dúas almas creativas pasando por un só corpo”. A poderosa voz de Dorian interpretará cancións que Chavela fixo populares, entrelazadas con composicións orixinais e temas folclóricos de Costa Rica. Ademáis, terá o acompañamento dunha orquestra de cámara baixo a dirección do artista español Alberto Montero.

  Infórmate:

  Entrevista a Dorian Wood en El Comercio

  Web do Sinsal Primavera

  Reproduce:

Escoita: