Loading
Pablo Und Destruktion

Guateque en Lugo polo Fa Ce La

  Guateque presentación Fa Ce La Fest 4

  O Mercado Street Food + Clavicémbalo. Lugo

  Sábado, 20 de abril. A partir das 16:00 e das 22:30

  Mercado Street Food: entrada de balde

Clavicémbalo: 10€ (anticipada) 12€ (taquilla) 

A presentación do Fa Ce La Fest 4 en Lugo ten forma de guateque na cidade. En O Mercado Street Food, despois de comer, Pablo Und Destruktion falará da súa primeira novela. De seguido haberá música con Los Jinetes del Trópico, que reparten cumbia, reggaeton e ritmos tropicales desde Vigo, e tamén con Las Cruzes, un power-dúo cunha proposta de electronica-punk-jazz. Para rematar no Mercado pincharan Os Costaleros, colectivo de DJs tropicais das montañas do sur de Lugo.

Xa pola noite, no club Clavicémbalo estarán Soul Rubbers, trío de guitarra, baixo e batería, con base en Navas de Riofrío (Segovia), dos que os organizadores din que fan algo “entre Dinosaur Jr, Fugazi, Nueva Vulcano, Cloud Nothings e Bedhead”. Presentarán o seu primeiro LP, Cinturón Blanco. E logo será a quenda para Pablo Und Destruktion, quen defenderá cancións novas e de toda a súa traxectoria coa súa particular intensidade.

  Infórmate:

  Nova sobre o Fa Ce La Fest en El Progreso

  Información sobre a primeira novela de Pablo Und Destruktion en Mondo Sonoro 

  Reproduce:

Escoita: