Loading
René Heyvaert

Monográfica de René Heyvaert

  René Heyvaert

  CGAC. Santiago

  De martes a domingo, de 11:00 a 20:00

 Ata o 16 de xuño. 

  Entrada de balde

Interesantísima exposición sobre René Heyvaert a que nós propón o CGAC. Trátase dun creador que, partindo dos movementos de vangarda, desenvolveu unha arte experimental. Actualmente, a súa obra está en fase de descuberta debido, entre outras cuestións, ao seu falecemento prematuro, aos 55 anos, en 1984. Outro motivo é a posta en valor da arte realizada nos anos setenta. A pesar da súa breve carreira (1970 – 1984) exerceu unha fonda influencia entre os novos artistas de Bélxica, o seu país natal. A mostra está comisariada por Santiago Olmo, director do centro, e por Anne Heyvaert.

Nesta primeira monográfica que se fai fóra de terras belgas destacan varios aspectos do artista. Un deles é que fixo unha curta incursión na arquitectura, pero moitos dos aspectos que trata veránse logo nos seus traballos. Exhíbese unha maqueta de estética moderna, que emprega materiais de fabricación industrial e baixo orzamento. Outro rasgo que define a mostra é o recurso ás ensamblaxes de diversa procedencia: poden ser elementos naturais ou, doutra banda, obxectos cotidianos. Ramas, troncos, latas de conservas, caixas de mistos… todo é susceptible de ser convertido en arte. Hay, de feito, unha lúcida revisión do ready made na mostra. A arte postal é, talvez, o aspecto máis personal de Heyvaert. O de Gante manipula as cartulinas e convirte o seu inicial aspecto corrente nunha peza xenuina. Logo envía o resultado por correos. Finalmente o recurso á xeometría é capital. Parte de aquí para introducir unha serie de constantes nas súas obras multiplicación, subdivisión, repetición e seriación. En canto ao CGAC, esta mostra supón un estupendo labor de arqueoloxía cultural.

  Infórmate:

  Artigo sobre a arte postal de Heyvaert

  Vídeo sobre a obra do artista

Mira: