Loading
teenage fanclub

Teenage Fanclub na Sala Capitol

  Teenage Fanclub e Isius

  Sala Capitol. Santiago

  Xoves, 18 de abril. 21:30

20€ 

Se pechas os ollos mentres soa Sparky’s Dream poderías ser un deses adolescentes das películas teen dos anos noventa. E quen non quere volver a esa etapa? Os Teenage Fanclub está claro que teñen moi presentes aqueles anos, dourados e atormentados a partes iguais, que sempre lembraremos con certa morriña. Veñen de presentar un tema novo, Everything is falling apart, e nos directos están a tocar cancións inéditas… pode que esta xira sexa o anticipo dun novo disco dos escoceses.

Os Teenage Fanclub din que van facer o que lles apeteza nesta xira, e que o que máis lles apetece é tocar esas cancións que levaban anos sen revisitar. Iso xunto ao seu novo material protagonizará o concerto. Aínda que estamos seguras de que soarán os seus temas máis coñecidos. Por se non chegaba con isto, outro aliciente é o directo de Isius, o novo proxecto do vigués José Viqueira, o que fora cantante do grupo Free Serena

  Infórmate:

 Dez cancións esenciais dos Teenage Fanclub en EfeEme

  Entrevista con Isius no Faro de Vigo

  Reproduce:

  Escoita: