Loading

Lamazares celebra a Novoneyra

  Flor Novoneyra

  Antón Lamazares

  Museo Provincial de Lugo

  De luns a venres, de 9:00 a 21:00

  Sábados, de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

  Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00

 Ata o 21 de xullo

  Entrada de balde

O pintor de Lalín, Antón Lamazares, homenaxea ao poeta do Courel, Uxío Novoneyra, nunha mostra individual. O Museo Provincial de Lugo acolle esta mostra, titulada Flor Novoneyra, que está comisariada pola galerista María Díaz. Exhíbense máis de cen obras, que marcan un diálogo entre a pintura e a poesía, a través do denominado Alfabeto Delfín, do artista dezano: unha especie de código, baseado no alfabeto latino, co que transcribe os versos do escritor nas pezas expostas. Con esta linguaxe, que emprega desde o ano 2012, o pintor rende tributo á figura do seu pai. Dobre homenaxe, polo tanto. Esta exposición confirma a calidade dos últimos traballos (inéditos ata a primeira fase desta exhibiciónm, en Santiago) de Lamazares.

Uxío Novoneyra foi un escritor comprometido con Galicia e coa súa lingua. Xa nos seus anos de estudante, en Madrid, comezou a lectura intensa de poesía e, tamén, a recitar. En 1955 publica Os Eidos e, anos despois, en 1959, impresionaría á audiencia compostelana recitando poesía medieval. Estableceríase en Folgoso do Courel por unha doenza pulmonar e nos anos 60 voltaría a Madrid e participaría nas tertulias do Café Gijón. Alí coñeceu ao pintor galego Reimundo Patiño, co que trabaría amizade. A súa poética transfórmase e pasa do lírico e intimista ao discurso comprometido e político, como se pode ver en Os Eidos II, publicado xa na década dos 70. Ambos traballos recompiláronse en Os Eidos. Libro do Courel. Con esta materia prima, Antón Lamazares elabora un fantástico discurso. As obras deste pioneiro do movemento Atlántica amosan os seus rasgos definidores. Obras, polo xeral, de gran tamaño, prácticamente monócromas, que enlazan coa vertente máis lírica do expresionismo abstracto. Cos seus particulares brillos e capas confírelle unha enorme personalidade: un impacto de vermellos, laranxas e verdes sobre os que orballan, en Alfabeto Delfín, as palabras do poeta. Un cadáver exquisito sobre a cultura rural, que hoxe atópase en inexorable proceso de desinstalación.     

  Infórmate:

  Texto sobre a mostra da filla do artista

  Entrevista a Antón Lamazares en El País

Reproduce: