Loading
Clothilde

Sons atípicos con Clothilde

  Clothilde

  Vello Cárcere. Lugo

  Venres, 3 de maio. 20:30

  Entrada de balde ata completar aforo 

Work on Sunday seguen co seu ciclo de Liberdades Sonoras no Vello Cárcere, un espazo recuperado para a memoria que xa por si só paga a pena visitar, e moito máis para disfrutar dunha cita de vangarda como a de Clothilde. Sofía Mestre, alias Clothilde, xa estivo no festival WOS o ano pasado e os promotores insisten nesta artista, das máis “atípicas” de Portugal, que combina “claridade, fluxo de pensamento e estructura musical”. Gravou o seu primeiro álbum, Twitcher, a piques de cumprir os 40, para o cal utilizou modulares e outros aparellos feitos a man. As súas texturas, patróns e melodías, herdanza do post-minimalismo, o venres en Lugo.

  Infórmate:

  Crítica de Twitcher, de Clothilde, en Público

  Nova sobre o álbum en Rimas e Batidas

  Reproduce:

Escoita: