Loading
Superpoderes

Superheroes de Aja e Rubín

  Superpoderes

  David Rubín e David Aja

  Sede Afundación. Vigo

  De luns a venres de 17:30 a 20:30

  Sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:00

Ata o 6 de xullo

  Entrada de balde

ABANCA e Afundación, en colaboración co Patio Herreriano, exhiben a mostra Superpoderes. David Aja y David Rubín. A exposición está comisariada por Asier Mensuro, experto en banda deseñada e cinema, que selecciona 350 traballos destes historietistas que reflexionan sobre a icona do superheroe no século XXI. Ambos artistas tiveron a fortuna, e calidade abondo, para atopar o seu espazo no sempre complexo mercado do cómic norteamericano. O público podera contemplar os “traballos máis importantes para Marvel de David Aja“, segundo os organizadores. Entre outros, exhíbense os debuxos para Inmortal Iron Fist, Hawkeye, Wolverine, Avengers ou Captain America. En canto a Rubín, Mensuro escolleu obras de, entre outros cómics, El Héroe, Aurora West ou Beowulf.

Ademais, esta exposición conta cun complemento de excepción: un mural que o propio artista David Rubín fixo ad hoc na sala. Todo este proceso creativo foi gravado polos organizadores e, posteriormente, montado para o seu visionado nesta mostra. Deste xeito, pódese concluir o interese que ten o comisario Mensuro pola valoración das diferentes fases que desembocan na obra final. Destaca así o traballo inmenso que contén cada unha das viñetas expostas e o espectador pode ser consciente delo.

  Infórmate:

  Entrevista a Asier Mensuro en Inorantes

  Nova en inorantes sobre David Rubín en Monty4

  Mira: