Loading
Amoeba Split

Jazz progresivo con Amoeba Split

VENRES | 22:30 | MARDI GRAS

Os coruñeses Amoeba Split, unha das bandas máis talentosas do panorama progresivo, actúa na Mardi Gras. Previamente, abrirán o evento os ferroláns Willie & Winnie, antes coñecidos como Kozmic Blues, co seu folk de raíz americana.

Joaquín Sabina

Sabina sempre volve a A Coruña

SÁBADO | 22:30 | COLISEO

Joaquín Sabina regresa a A Coruña só nove meses despois de encher por dúas veces consecutivas o Coliseo. O cantautor de Úbeda presentará os temas de Lo niego todo, o seu último disco, que está moi lonxe dos seus mellores traballos.