Loading
Los Árboles

Los Árboles estrean na Capitol o seu primeiro LP

Los Árboles estrean en directo o seu primeiro Longa Duración. Será este venres 4 de maio na Sala Capitol de Compostela. Cinco anos despois do seu anterior EP, a banda galega afronta o seu maior reto. Gravado grazas ao crowdfunding nos estudios do Náutico de San Vicente, nos seus dez temas percíbese a influencia indie-pop de Xoel e Iván Ferreiro.

Iván Marcos fai historia nos María Casares

Os María Casares deixaron unha imaxe para a historia. Iván Marcos igualou o rexistro de Luis Tosar, o único actor que ata o momento fora quen de gañar o Mestre Mateo e o María Casares no mesmo ano. Fixérao en 2006 con Cargo e Hamlet. Doce anos despois Iván conseguiu o logro polas súas interpretacións en Dhogs e A cabeza do dragón.

8 creadoras ante o 8 de marzo

Galicia vivirá a primeira folga feminista da súa historia o 8 de marzo. En Inorantes quixemos unírmonos ao berro pola igualdade e démoslle a palabra a 8 creadoras galegas. Pedímoslles que nos contaran en primeira persoa como viven o Día da Muller e preguntámoslles se o machismo segue instalado na creación cultural do país. A conclusión é clara: as estruturas patriarcais seguen a ser dominantes. Pero quedamos tamén coa sensación de que o muro do machismo está pronto para ser derrubado.

Realismo do século XXI en Santiago

Vintecatro obras de importantes artistas galegos e españois conforman a exposición ‘Aspectos da Nova Realidade’ na galería José Lorenzo de Santiago. Roberto González Fernández, Quintana Martelo, Rafael Romero Masiá, Miguel Piñeiro ou Jano Muñoz. En canto ao ámbito estatal, a mostra conta con pinturas de José Luis Corella, Jorge Villalba, Juan Bautista Nieto ou Irene Cuadrado, entre outros.

Chega Noró, o novo disco de Xabier Díaz e as adufeiras

Noró, o esperado novo traballo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre xa está nas tendas. O cantante, músico, pandereiteiro e musicólogo coruñés buscará reeditar o éxito alcanzado con The Tambourine Man, o álbum de 2015 que o converteu de forma instantánea no referente actual da música tradicional galega.

A Arte do Cómic na Sede de Afundación de Santiago

Un total de 73 debuxantes e artistas da banda deseñada reinterpretan as grandes obras da historia da pintura universal na exposición “A Arte no Cómic”, comisariada polo historiador Asier Mensuro. Entre eles están os galegos Brais Rodríguez, Miguelanxo Prado e Jacobo Fernández.