Loading
Lidia Cao

Murais e ilustracións de Lidia Cao

A ilustradora e artista urbana Lidia Cao participa na nova edición do Rexenera Fest de Carballo. “Alí recibín o meu primeiro taller de muralismo, dentro da programación do festival en 2016. Tres anos máis tarde, aquí estou, na cabeceira do cartel. cuns artistazos inmensos. Sempre penso que aínda me vén grande isto, dame un pouco de vertixe”.

A ilustración segundo Barea

Falamos con Leandro Barea, ilustrador lugués e autor da recompilación Mas futvol por fabor. Un dos seus lemas é que “se o que queres é a Justin Bieber, entón non chames aos Ramones”. Ademáis de arte urbana, fai viñetas e outra obra gráfica coa que bota un pouco de humor “sobre o miserable que é con frecuencia a existencia humana”.

Seoane, o supremo artesán

Escritor, editor, muralista, deseñador, debuxante, gravador, pintor… a socorrida expresión de “home do renacemento” ten en Luis Seoane un exemplo soberbio. Alguén dixo unha vez e, sen dúbida, dixo ben, que a súa arte é para el como o seu diario. Figura única e irrepetible á que en 2019 se lle dedicou o Día das Artes Galegas.

Os burócratas de Isaac Cordal

Falamos con Isaac Cordal. Os seus pequenos burócratas percorren moitas das capitais mundias: Londres, Bogotá, Berlín, Viena, San José, Bruxelas… Sobre ese home de negocios branco, de mediana idade, minúsculo e decadente afirma que “quere ser un David, aquel atleta de mármore esculpido por Miguelanxo, pero moi vido a menos”.

“Hai unha burbulla no street art”

Lourdes Goce López, coñecida publicamente como Lula Goce, é na actualidade unha das artistas galegas máis internacionais. E, tamén, das máis versátiles. As obras desta baionesa non só cobren os muros de cidades de Irlanda, Alemaña, Bélxica, Italia, Estados Unidos ou Acerbaixán, senón que tamén se exhiben en galerías, museos e feiras de arte.