Loading

Conversa con Modulador de Ondas

O inventor ruso León Theremin inventou o instrumento ao que lle dá nome a comezos do século XX. En pleno século XXI, Paulo Pascual aka Modulador de Ondas ten unha colección deles na casa. Tamén dá clases deste máxico aparello en Vigo e vén de publicar Planeta Theremin, o primeiro LP dun thereminista galego no que este instrumento aparece como solista. A presentación: este sábado en La Iguana Club en sesión vermú.

Conversa con Carmen Hermo

Man de Camelle, o anacoreta que decidiu vivir ao pé do mar nos anos 60 e que morreu alí coa catástrofe do Prestige, é unha das grandes personaxes da historia recente de Galicia. A pintora Carmen Hermo fai un achegamento ao artista contemporáneo no libro de debuxos que vén de publicar Kalandraka.

Conversa con Santi Araújo

Santi Araújo, antes en La Familia, vén de publicar Catedral, que presenta esta semana en Vigo e A Coruña. Como fillo de nai divorciada, asegura ter chuchado o feminismo desde pequeno e amosase sen pelos na lingua: dálle “noxo” ter que lidar cos machistas, pero cre que “estamos a ganar” ao pensamento de Vox.

Conversa con Guillermo de Oliveira

O vigués Guillermo de Oliveira considera a nominación ao Goya como o “broche de ouro” para Desenterrando Sad Hill, o documental que emocionou a Clint Eastwood. O filme narra a reconstrucción do cemiterio no que Sergio Leone rodou o filme O bo, o feo e o malo.

Conversa con Xaime Miranda

O mariñán Xaime Miranda vén de lanzar unha campaña de crowdfunding para a súa curta de terror ambientada no rural galego dos 80. O neno e a sombra rodarase nunha aldea da Pontenova, con actores como Miguel de Lira e Manuel Lourenzo, e música de Nuno Pico de Oh Ayatollah!

Diana Toucedo

Conversa con Diana Toucedo

A cineasta Diana Toucedo gravou máis de 100 horas entre a realidade e a ficción no Courel. Durante uns cinco ou seis anos. E de aí saíu Trinta lumes: escasos 80 minutos de beleza, maxia e tamén, por que non, acción nas montañas de Lugo.

Conversa con Nicolás Pastoriza

Nicolás Pastoriza vén de publicar o seu novo álbum, PyME. O venres preséntao en La Fábrica de Chocolate de Vigo, unha cidade que vive a resaca do acendido de luces. “Odio o Nadal. Con iso dígocho todo”, comenta. Repasamos con el as súas influencias musicais e a súa paixón pola ciencia ficción, que lle levou a compoñer o single Ovnis entre Cíes e Nigrán, que canta xunto ao seu amigo Iván Ferreiro.

Conversa con Ángel Filgueira, director de Sevilla y Gomorra

Ángel Filgueira dirixe o documental Sevilla y Gomorra, que se estrea en Cineuropa. “Temos tantas expectativas, tantos deberes, tanta información que non sabemos cara onde imos. Imos cara todos os lados e non imos cara ningún. Neste caso vai cara unha evasión, pero podería ir cara unha fragmentación doutro tipo”.

Conversa con Lula Goce

“A street art é unha arte populista (…). A posibilidade que temos os artistas de tocar ás masas, mantendo certo grao de liberdade, paréceme unha responsabilidade moi grande. Ao tempo, é un privilexio poder gozar desa responsabilidade”.

A sombra da lei

Conversa con Dani de la Torre

“O cine é unha industria para entreter e punto. As alfombras vermellas son parte do espectáculo; pero a xente do cine é xente currante, que se levanta ás sete da mañá coma calquera e intenta facer o seu traballo o mellor posible e deixar os clientes satisfeitos. É a primeira vez que podo dicir que vivo do cine. Para min ese é o éxito, poder vivir do meu traballo”.

Conversa con Miguel Anxo Seixas Seoane

“Desde logo, para min non é un Gernika galego. Creo que comparalo non é xusto, nin para esa obra nin para A derradeira leición do mestre. O Gernika é un atentado militar contra civís e a obra de Castelao expresa como un home trata de pagar o máximo que ten, a súa vida, por defender unhas ideas”

Iván Ferreiro

Conversa con Iván Ferreiro

Iván Ferreiro presenta o venres, 21 de setembro, Cena recalentada, un disco en homenaxe á mítica banda da Movida Golpes Bajos. O artista vigués contou cos ex membros do grupo neste proxecto tan persoal: Pablo Novoa é o productor, e Luis García e Teo Cardalda participaron en partes da grabación. “Isto non son versións das cancións, é unha homenaxe a eles como banda”, asegura Ferreiro.

Miguel Noguera

Conversa con Miguel Noguera

Miguel Noguera, humorista, debuxante, escritor e cantante (aínda que confesa que non dá a talla “en ningún deses oficios”) estará en Ferrol o próximo mércores 26 de setembro co seu Ultrashow, dentro do festival Fóra do mapa. Noguera, que asegura facer “un posmodernismo da peor calaña” falou con nós de temas tan diversos como os lazos amarelos, o cambio de hora ou os límites do humor.

Conversa con Iván Marcos

“Hai moito talento e moita madurez en Dhogs. Tanto Andrés Goteira como Sara Horta e Suso López fixeron unha grande labor á hora de contaxiar entusiasmo e confianza ao equipo  Penso que esta confianza, este pulso firme nunha proposta arriscada é palpable e digno de eloxio nunha opera prima”.

Conversa con Xan Molina

“Infaground é un título moi adecuado. Significa estar aínda por debaixo do underground. En Galicia e España hai grupos underground que teñen actividade e fan concertos (…), pero Mequetrefe nunca estivo en ningunha escena (…) Nin siquera chegamos ao estatus underground”.