Loading

A ilustración segundo Barea

Falamos con Leandro Barea, ilustrador lugués e autor da recompilación Mas futvol por fabor. Un dos seus lemas é que “se o que queres é a Justin Bieber, entón non chames aos Ramones”. Ademáis de arte urbana, fai viñetas e outra obra gráfica coa que bota un pouco de humor “sobre o miserable que é con frecuencia a existencia humana”.

Conversa con Rocío Quillahuaman

“Só fago animacións, tampouco son Jennifer López”. A Rocío Quillahuaman hai que lela con ironía. E se pode ser cunha desas voces de hater que lle pon aos seus vídeos tolos, mellor. En Instagram, a rede social que realmente a lanzou á relativa fama da posmodernidade, publica as conversas nas que non deixa monicreque sen cabeza. “Canto máis enfadada estou, mellor sae o vídeo”, subliña esta peruana de nacemento, barcelonesa de adopción, que estará estes días polo Melona Fest de Santiago e no Carballo Interplay.

Conversa con Golgona Anghel

Falamos coa poeta de Romanía afincada en Lisboa que abrazou a tradición literaria portuguesa e consegue unha mestura perfecta entre poesía e ironía. Golgona Anghel participa na xornada inaugural do festival Alguén que respira! que se celebra do 21 ao 23 de marzo en Compostela.

Conversa con Xosé Luís Méndez Ferrín

Falamos co escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, encargado de escribir o manifesto polo Día Mundial da Poesía que se lerá na segunda edición de Alguén que respira!, o festival de poesía impulsado polo Concello de Santiago, que se celebra entre os días 21 e 23 de marzo.

Os burócratas de Isaac Cordal

Falamos con Isaac Cordal. Os seus pequenos burócratas percorren moitas das capitais mundias: Londres, Bogotá, Berlín, Viena, San José, Bruxelas… Sobre ese home de negocios branco, de mediana idade, minúsculo e decadente afirma que “quere ser un David, aquel atleta de mármore esculpido por Miguelanxo, pero moi vido a menos”.

Conversa con Nelo (Pálida)

Conversamos co músico José Garnelo (Nelo) dos seus dous proxectos: Pálida e Seda. Falounos da autoimposición de limitacións para estimular a creatividade, do seu xeito de concebir o traballo en estudio e o directo, da diferencia entre traballar nun grupo ou de xeito individual e, por suposto, do Esmorga Fest: no cartel dese evento figura o nome de Pálida desde a primeira edición

Josune Arakistain

Conversa con trikitilaris

Falamos con Xabi Solano e Josune Arakistain, dous trikitilaris que lideran as bandas Esne Beltza e Huntza. Referente e renovación, este sábado estarán na Sala Malatesta de Santiago.

Vortex, o mellor LP de Toundra

A banda de post rock Toundra segue a presentar Vórtex, o seu mellor LP ata a data. Falamos co seu guitarrista Esteban Girón sobre o proceso de creación, a súa recente xira europea, a posibilidade de que volvan a xuntarse con Niño de Elche nese “proxecto especial” que é Exquirla, e a súa infancia marcada polo Xabarín Club e En Xogo Goles.

Conversa con Presumido

Falamos con Presumido do novo rumbo da súa carreira: “Tiñamos o soño que teñen todos os grupos ao principio de ter unha discográfica detrás, e conseguímolo en menos dun ano desde que nolo propuxemos. Pero resultou que non era o noso. Nós temos certas inquedanzas, un ritmo de traballo moi esixente e un torrente creativo que non cabe nun filtro empresarial que che pon uns prazos para sacar as cousas que chocan de fronte co teu criterio”.

Unha achega galega ao theremin

O inventor ruso León Theremin inventou o instrumento ao que lle dá nome a comezos do século XX. En pleno século XXI, Paulo Pascual aka Modulador de Ondas ten unha colección deles na casa. Tamén dá clases deste máxico aparello en Vigo e publicou Planeta Theremin, o primeiro LP dun thereminista galego con este instrumento como solista.

Premio para Man de Camelle

Man de Camelle, o anacoreta que decidiu vivir ao pé do mar nos anos 60 e que morreu alí coa catástrofe do Prestige, é unha das grandes personaxes da historia recente de Galicia. A pintora Carmen Hermo fai un achegamento ao artista contemporáneo no libro de debuxos que vén de publicar Kalandraka.

Conversa con Santi Araújo

Santi Araújo, antes en La Familia, vén de publicar Catedral, que presenta esta semana en Vigo e A Coruña. Como fillo de nai divorciada, asegura ter chuchado o feminismo desde pequeno e amosase sen pelos na lingua: dálle “noxo” ter que lidar cos machistas, pero cre que “estamos a ganar” ao pensamento de Vox.

Conversa con Guillermo de Oliveira

O vigués Guillermo de Oliveira considera a nominación ao Goya como o “broche de ouro” para Desenterrando Sad Hill, o documental que emocionou a Clint Eastwood. O filme narra a reconstrucción do cemiterio no que Sergio Leone rodou o filme O bo, o feo e o malo.

Lucía Aldao

Primeiro poemario de Lucía Aldao

Lucía Aldao (A Coruña, 1982) conversa con nós sobre o seu primeiro libro, Todo isto antes era noite, un poemario moi agardado nas letras galegas. E á vez moito máis que un conxunto de poemas. Un poemario que leva quince anos crecendo na oralidade e enriquecéndose das vivencias da súa autora.

Conversa con Xaime Miranda

O mariñán Xaime Miranda vén de lanzar unha campaña de crowdfunding para a súa curta de terror ambientada no rural galego dos 80. O neno e a sombra rodarase nunha aldea da Pontenova, con actores como Miguel de Lira e Manuel Lourenzo, e música de Nuno Pico de Oh Ayatollah!

Diana Toucedo

Conversa con Diana Toucedo

A cineasta Diana Toucedo gravou máis de 100 horas entre a realidade e a ficción no Courel. Durante uns cinco ou seis anos. E de aí saíu Trinta lumes: escasos 80 minutos de beleza, maxia e tamén, por que non, acción nas montañas de Lugo.

Conversa con Nicolás Pastoriza

Nicolás Pastoriza vén de publicar o seu novo álbum, PyME. O venres preséntao en La Fábrica de Chocolate de Vigo, unha cidade que vive a resaca do acendido de luces. “Odio o Nadal. Con iso dígocho todo”, comenta. Repasamos con el as súas influencias musicais e a súa paixón pola ciencia ficción, que lle levou a compoñer o single Ovnis entre Cíes e Nigrán, que canta xunto ao seu amigo Iván Ferreiro.

Conversa con Ángel Filgueira, director de Sevilla y Gomorra

Ángel Filgueira dirixe o documental Sevilla y Gomorra, que se estrea en Cineuropa. “Temos tantas expectativas, tantos deberes, tanta información que non sabemos cara onde imos. Imos cara todos os lados e non imos cara ningún. Neste caso vai cara unha evasión, pero podería ir cara unha fragmentación doutro tipo”.

“Hai unha burbulla no street art”

Lourdes Goce López, coñecida publicamente como Lula Goce, é na actualidade unha das artistas galegas máis internacionais. E, tamén, das máis versátiles. As obras desta baionesa non só cobren os muros de cidades de Irlanda, Alemaña, Bélxica, Italia, Estados Unidos ou Acerbaixán, senón que tamén se exhiben en galerías, museos e feiras de arte.