Loading

Yo La Tengo: dous sets e partido

Regresaron Yo la tengo a Santiago. Nesta ocasión para presentar There’s a riot going on. Os temas deste último LP soaron fantásticos ao vivo. O repertorio incluíu temas clásicos que amosaron a diversidade estilística que dominan os de Hoboken. Foi presentado en dous sets: unha primeira parte máis atmosférica e unha segunda moito máis enérxica.

Micah P. Hinson

O mellor Micah P. Hinson está de volta

Seica volveu o mellor Micah P. Hinson co disco When I Shoot At You With Arrows, I Will Shoot To Destroy You, o máis rebelde e o máis maduro á vez. Velo en directo é case hipnótico. E as voces expertas que levan máis de quince concertos do de Tennessee o acreditan.