Loading
José Telmo Lodeiro

Paisaxe e futuros, de José Lodeiro

LUN-DOM | VARIAS HORAS | J. LORENZO 

A galería José Lorenzo continúa a poñer en valor a importantes artistas do século XX en Galicia. Agora rende homenaxe ao pintor José Telmo Lodeiro (Vigo, 1930 – 1996) na exposición Paisaxe e futuros. Exhíbense tres series do artista vigués.

Bleda e Rosa

Bleda e Rosa, Geografía del tiempo

MAR-DOM | VARIAS HORAS | CGAC

A exposición Geografía del Tiempo recompila máis de vintecinco anos de traballo dos fotógrafos Bleda e Rosa. O tema predominante da súa obra é a representación do territorio e a mestura de culturas e tempos que este alberga. A mostra está comisariada por Nuria Enguita.

Graciela Iturbide

Graciela Iturbide, poética do cotiá

MAR-DOM | VARIAS HORAS | F. BARRIÉ

A Fundación Barrié exhibe 186 instantáneas de Graciela Iturbide. A mexicana está considerada unha das fotógrafas máis influíntes de America Latina. A súa obra caracterízase pola ambigüidade e por estar completamente despoxada de todo elemento trivial nos seus encadres.

Hinterland, de Xesús Vázquez

LUN-DOM | VARIAS HORAS | M. VALCÁRCEL

Xesús Vázquez, o artista ourensán afincado en Santander, regresa á súa cidade natal para expoñer a súa obra na mostra Hinterland. A exposición está composta por tan só oito cadros, pero o seu gran formato permite que ocupen todo o espazo expositivo.

Pailós

Arte, emigración e orixe galega

LUN-SÁB | VARIAS HORAS | AFUNDACIÓN

Comisariada por Carlos L. Bernárdez, a exposición ‘A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración’ explica como esa experiencia se visibiliza nas obras de grandes artistas galegos. Tamén conta con obra de artistas de raíces na nosa terra como Botello e Pailós.

Conversa con Miguel Anxo Seixas Seoane

“Desde logo, para min non é un Gernika galego. Creo que comparalo non é xusto, nin para esa obra nin para A derradeira leición do mestre. O Gernika é un atentado militar contra civís e a obra de Castelao expresa como un home trata de pagar o máximo que ten, a súa vida, por defender unhas ideas”

Català-Roca

Català-Roca no Kiosco Alfonso

LUN-DOM | VARIAS HORAS | KIOSCO ALFONSO

A mostra Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956 – 1976 recupera a crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976. Período que coincide coa etapa do desarrollismo.